O PP compartiu este mércores un vídeo de agradecemento a todos os cidadáns que se sumaron á campaña de recollida de sinaturas para reclamar a apertura do novo auditorio de Lugo.
"Hoxe cúmprense 608 días desde que o Concello de Lugo é propietario" da instalación, recordan os populares, que levan recollidas case 3.000 sinaturas.
Desde o Partido Popular esixen "que PSOE e BNG expliquen, aos case 3.000 lucenses que deron o seu apoio para que se abra esta infraestructura, cando teñen prevista a súa posta en funcionamento e cal vai ser a súa programación".
CARRIL BICI. Esta reclamación do grupo popular súmase á do carril bici. Esta mesma semana, tras cumprirse un ano do inicio das obras, o PP de Lugo gravou un vídeo do tramo da vía que transcurre pola Ronda do Carme. A oposición sinala que nas imaxes pode verse que é un carril mal diseñado, que eliminou centos de prazas de aparcamente e que case non se emprega polos ciclistas.
Vídeo del fracaso del carril bici de PSOE y BNG, que costó 1.5M€. En un día de grabación en la Ronda do Carme solo pasaron dos bicis.
— PP Lugo local (@PPConcelloLugo) February 21, 2022
En @PPConcelloLugo no estamos contra los carriles bici, pero éste está mal diseñado, es peligroso y elimina cientos de plazas de aparcamiento. pic.twitter.com/T0tbPaRTOw