Portomeñe, reelixido como candidato de EU á alcaldía de Lugo

A súa candidatura foi referendada por un 93,8% dos votos emitidos, cunha participación do 54% da militancia comarcal

Carlos Portomeñe. J. VÁZQUEZ
photo_camera Carlos Portomeñe. J. VÁZQUEZ

As primarias celebradas na agrupación local de Esquerda Unida en Lugo referendaron a candidatura de Carlos Portomeñe, actual concelleiro e portavoz do grupo municipal de Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida (ACE-EU) no Concello da capital lucense, para optar de novo á alcaldía da cidade nas eleccións municipais de maio.

A candidatura de Portomeñe foi referendada por un 93,8% dos votos emitidos, cunha participación do 54% da militancia comarcal.

Esquerda Unida destacou a elevada porcentaxe de participación, tendo en conta de que a lista referendada xa fora elixida por consenso, sen competencia entre candidaturas diferentes.

A lista encabezada por Portomeñe está integrada tamén por María Jesús Rodríguez, psicóloga da Xunta de Galicia; José Luís López Álvarez, responsable de Industria de Comisións Obreiras en Lugo; Vanessa Somoza Domínguez, artista plástica; Diego Moreira, delegado sindical da CIG na empresa Urbaser; ou Carmen González Magdaleno, secretaria de comunicación de EU en Lugo.

Comentarios