"Por aquel entonces, el tenis sí era un deporte elitista"

O 14 marzo de 1905, fundación do Chelsea Football Club
Alejandro Santín Díaz e outros afeccionados
photo_camera Alejandro Santín Díaz e outros afeccionados

DO SAN LÁZARO conservo as lembranzas nídias dos compañeiros, pero sobre todo, recordo á xente que se encargaba de nós, os da directiva que eran, sobre todo, boas persoas. Coria, da Casa de Grandío; os irmáns Porto, Salvador e Perfecto. Perfecto era o encargado da intendencia, todo estaba sempre a punto; roupa limpa, botas engraxadas, balóns en regra; e Pepito, da Casa do Barrendeiro, outra persoa incansable e cordial. O adestrador Selín, Andrés Yañez, sempre simpático, e algúns máis. Tratábannos dun xeito extraordinario, a pesar das nosas trangalladas. Sempre de bo humor, sen un reproche aínda que en diferentes partidos, sobre todo cando xogabamos contra a Comercial, chegamos a recibir tantos goles que alcanzaban os dous díxitos.

José Manuel Núñez Losada / Lugo

Los veranos eran eternos en el campo. En la casa de mis tíos en Baralla, donde estaba entre otros cuadros, ‘El Café’, pintado por Barradas, lo más importante era, en el extenso jardín de la casa, la cancha de tenis. Para mí siempre fue un suplicio jugar bien a este deporte que también se practicaba mucho en el Sporting Club de A Coruña. En las fotos de toda la familia, vestido de blanco, aparezco siempre con el aire de dejar pasar las pelotas sin verlas.

Antonio Bonet Correa / Baralla

Durante as épocas de vacación, en vez de aulas, no Seminario tiñamos recreo, pero as horas de estudo eran exactamente as mesmas que durante o curso. Tamén tiñamos saídas de paseo polas tardes en vez de estar toda a tarde no Seminario facendo deporte ou estudando.

José Antonio Labrada Losada / Pol

Aló a finais da década dos setenta, apareceu voando polos ceos mindonienses unha grande cometa amarela, baixo a que se divisaba unha silueta humana. Este home era o polifacético lucense Ulises Sarry, que descubriu no noso monte Padornelo un lugar idóneo para a práctica da ala delta. Tras varios días de voos deste persoaxe, comenzaron a chegar ao cume do monte outros afeccionados a este deporte, provenintes de distintos lugares da xeografía española.

Zalo García / Mondoñedo

Cando eu era rapaz ao voleibol chamabámoslle sempre balonvolea e orsai sempre ao fóra de xogo, os porteiros de fútbol que facían paradas acrobáticas eran autores de ‘palomitas’ e un dos insultos máis contundentes para un árbitro era chamarlle «fillo de tres curas». «Estoupapozas» era un cualificativo moi empregado para os xogadores de campo non demasiado dotados tecnicamente.

Isidro Novo / Lugo

Empecei a adestrar no Estudiantes despois de ter que deixar o baloncesto por unha lesión, Caneda convenceume e empecei cos máis pequenos e fun medrando pouco a pouco. Fun adestrador axudante de Manel Sánchez no equipo EBA e logo o primeiro adestrador, tanto do equipo EBA como do equipo sub20 co que conseguimos o ascenso a primeira división e chegamos a xogar unha fase final o ano seguinte. O meu paso ao profesionalismo veu da man de Paco García que me chamou para formar parte do Breo.

Lisardo Gómez / Lugo

Por aquel entonces, el tenis sí era un deporte elitista, sin embargo, no creo que eso sea así a día de hoy. Empecé a jugar con varios amigos en el gimnasio de los frailes. No teníamos red y poníamos una cuerda, una de dobles y otra sencilla. Se celebraron aquí torneos de tenis durante 23 años, a los que vinieron los mejores tenistas de Galicia. Mi padre promocionó el tenis hasta donde pudo, fue totalmente altruista con los jugadores ya que les dejaba las raquetas y todo lo que hiciese falta, porque su propósito no era otro que conseguir que la gente jugase.

Horacio Muñoz / Sarria

A finais de 1949, para esquecer as vicisitudes bélicas, fíxenme socio do Club Fluvial e alí empecei a navegar no barco máis pequeno do mundo. Como dixo o alcalde de Ferrol, don Xaime Quintanilla, na homenaxe que me fixeron hai catro anos, a miña tendencia dende neno foi ser mariñeiro da Armada, pero nono conseguín por problemas familiares e por iso me dediquei a navegar en barcos pequenos. O xuíz ten que ser íntegro. Mouriz simbolizou moi ben a miña rectitude. Non é doado ser bo xuiz por moitas leis que se coñezan. A principal condición que debe ter é mirar soamente ó número do dorsal que identifica ó atleta. A min chámanme Don Reglamento Severo Puntual. Claro, que tamén é moi legal e moi de bo xuíz recoñecer os propios erros. En tal caso o atleta, previo depósito de 25 dólares, para evitar reclamacións incoherentes, pode recorrer ó Tribunal de Disciplina. Penso que non son severo, puntual sí, en extremo.

Jacinto Regueira Alonso / Lugo

Lembro os xogos de rapaz co peón, as bólas e as chapas; os nosos partidos de fútbol nas Costas do Parque e tamén os nosos primeiros pasos no baloncesto. Algúns dos meus amigos foron pioneiros neste deporte, e grazas ó seu entusiasmo e ó de meu irmán Paco constituíuse un equipo, o Celeste, que pode considerarse a orixe do noso querido Breogán.

Rafael Martínez Cortiña / Lugo

Para nosotros el Breogán es una cosa muy seria, que efectivamente nos ha dado muchos disgustos, pero también muchas alegrías. Y nos ha costado nuestro dinero, pero, en fin, eso es lo de menos. El Breogán ha sido... pues no sé. Yo siempre trabajé en él de forma incidental. Aquí tengo que nombrar a mi hermano José Ramón, que fue el padre de la criatura y que puso un entusiasmo -y lo sigue poniendo- muy superior al de ninguno de nosotros. Sin José Ramón el Breogán no habría existido.

Juan Varela-Portas y Pardo / Lugo

O Breogán é o equipo da miña casa, mentiríache se dixese que non me gustaría xogar aí, claro que me gustaría. Acórdome moitas veces de incontables anécdotas, viaxes, de aquí para alá… cando nos clasificamos para a Copa Galicia co Sagrado Corazón, que foi incrible. Son unha chea de vivencias que non esqueces, e eu de feito, cando vou no verán, sempre quedo con moitos amigos. Non puiden ir este Nadal, pero sempre quedamos para xogar un partido no que nos xuntamos máis de 50 amigos. No verán imos á pista vermella, iso nunca se perde. Pasámolo moi ben, Sergio, Guido, Danini, Buba… moita xente, non quero esquecer a ninguén. Son moitos amigos. Este último verán fomos a un tres por tres a Viveiro e pasámolo moi, moi ben.

Devin Noel Wright Rodríguez / Lugo

Cando con once anos (Celestino Fernández de la Vega) vai na compaña das súas irmás maiores para a cidade de Lugo facer o Bacharelato no Instituto Nacional de 2ª Ensinanza, xa deixaba sona no seu Friol natal de neno afeccionado ao fútbol, enxeñoso e con moita facilidade para arremedar aos grandes. Seu pai, «avogado e notario público de Friol», esparexía desde esta pequena vila a súa función de fiduciario notorio ao ancho de boa parte da Terra Chá; polos días de feira visitaba as localidades de Grolos (Guntín), Castroverde, Parga e Rábade. Por estas paraxes, todos interrompían os traballos agrícolas para ver pasar, e de paso falar das cousas do aquén pensando nas do alén, a don Hixinio Fernández de la Vega Pasarín da cabalo dun sempre ben mantido equino camiño dos locais onde escriturar as vontades expresadas e, mesmo, os trasacordos entre vivos afeitos a matinaren, por veces, que a morte chega unha soa vez na vida.

Ramón López Vázquez / Friol

Julio Castro Ves, el antiguo farmacéutico, todavía joven entonces, fue uno de los primeros deportistas que pilotaron una motocicleta en Lugo. Posteriormente, ya de mucha edad, fue farmacéutico en Friol. En el año diecisiete había en Lugo una docena de motos.

Ánxel Fole / Lugo

Comentarios