miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

A Policía Local de Lugo interveu unha festa en Carril dos Fornos

Un coche de la Policía Local. ARCHIVO
Un coche de la Policía Local. ARCHIVO
Os feitos ocorreron na madrugada do día 6 de xaneiro despois de que os veciños se queixaran pola música e o ruído ► Ademais, ese mesmo día os axentes socorreron a unha anciá que caira na súa casa da Rolda da Muralla 

Sobre as 7.10 horas do pasado xoves 6 de xaneiro, axentes da Policía Local de Lugo presentáronse nunha vivenda de Carril dos Fornos despois de recibir unha chamada dos veciños na que se queixaban polo ruído procedente dunha vivenda. 

Cando chegaron á mesma decatáronse de que a música xa se escoitaba dende a rúa e procederon a identificación do responsable do inmoble. Este alegou que só era unha pequena festa con tres persoas, que finalizou de xeito inmediato trala visita dos axentes. 

Auxilio na Rolda da Muralla. Por outra banda, membros da Policía Local socorreron ese mesmo día a unha muller de 87 anos que caeu no corredor da súa vivenda da Rolda da Muralla e, malia estar en compañía do seu marido, non era capaz de incorporarse. Finalmente foi auxiliada polos axentes e non precisou asistencia médica. 
 

A Policía Local de Lugo interveu unha festa en Carril dos Fornos