Axentes da Policía Local tiveron que intervir este sábado para que non fora a máis a lea que estaban protagonizando tres indixentes na céntrica Praza Maior da capital lucense. Non realizaron detencións, nin se rexistraron feridos.
Estas tres persoas, de nacionalidade rumana, adoitan pasar o día nos xardíns que hai fronte á estación de autobuses.
Este sábadp cando se atopaban na Praza Maior, con evidentes síntomas de embriaguez, comezaron a facer balbordo. De súpeto mantiveron unha discusión entre eles. Para evitar que a rifa se agravara foi requerida a presenza da Policía Local. Interviron entón os axentes para evitar que pasaran dos berros ás mans.