lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

A Policía intervén nunha pelexa entre dúas mulleres polo uso dun electrodoméstico

A Praza da Liberdade. AEP
A Praza da Liberdade. AEP
A rifa, da que alertaron os veciños, produciuse nun inmoble da Praza da Liberdade

Axentes da Policía Local de Lugo tiveron que intervir este luns por mor dunha forte rifa nun piso da Praza da Liberdade. Os veciños alertaron ao 092 arredor das 16.00 horas de que se estaba a producir unha pelexa no inmoble

Ata o lugar desprazouse unha patrulla da Policía de Barrio. Na vivenda foron recibidos por dúas mulleres de mediana idade, que presentan pequenas mazaduras na cara e o cabelo "completamente despeiteado", segundo informa a Policía Local.

As citadas mulleres recoñeceron que houbera unha pelexa con violencia física entre elas polo uso dun electrodoméstico, aínda que din que non necesitan atención médica e declinan presentar denuncia.

Ambas relataron que unha das implicadas estaba arrendada no piso e subarrendara unha habitación á outra, todo iso sen a formalización de ningún contrato e sen coñecemento do propietario, motivo polo que a Policía deucoñecemento ao servizo correspondente de Vivenda.

A Policía intervén nunha pelexa entre dúas mulleres polo uso dun...