jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

O Concello celebrará o día 30 o XXI aniversario da muralla como Patrimonio da Humanidade

Maite Ferreiro, na muralla. EP
Maite Ferreiro, na muralla. EP
Un roteiro poético e unha actuación do conservatorio servirán para conmemorar a data

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de conmemoración de 21 aniversario da muralla como Patrimonio da Humanidade. "Contaremos con poesía e música para celebrar esta data importante para todas as veciñas e veciños de Lugo", explicou. 

As actividades celebraranse durante a tarde do martes 30 de novembro. Darán comezo ás 17.00 horas co coro e ensembles de clarinetes do conservatorio Xoán Montes, que actuarán na praza Pío XII, onde interpretarán pezas de Beethoven, Pachelbel ou Mozart. 

Ás sete da tarde sairá da porta de Santiago un roteiro poético musical, organizado pola área de Cultura e a revista lucense Xistral. Neste roteiro participarán distintos músicos como Yuri, Rulos, Cántigas e Frores ou a Volta do Agro. 

O Concello celebrará o día 30 o XXI aniversario da muralla como...
Comentarios