Pode o xulgado impedirme incinerar un familiar?

Tanatorio As Gándaras. EP
photo_camera Tanatorio As Gándaras. EP

A decisión de incinerar ou enterrar un cadáver depende só da familia ou pode estar condicionada por alguén alleo, coma un xuíz?
Ana García.

Debemos diferenciar entre o que se coñece como mortes naturais (as que se producen a consecuencia dunha enfermidade, ben prolongada no tempo ou ben sobrevida) e as non naturais, coma un accidente de tráfico, un asasinato ou un suicidio.

A consideración que reciban é moi importante para a toma de calquera de decisión sobre o cadáver, xa que nos casos dos falecementos naturais é a familia quen pode elixir libremente se exhumar ou incinerar. Pola contra, nunha defunción non natural o xulgado ten que autorizar todas as intervencións que se realicen, dende a cremación ata a exhumación pasados uns anos.

Á marxe disto, tamén hai que ter en conta que o xulgado pode impedir excepcionalmente a incineración no caso dunha morte natural. Aínda que é algo pouco frecuente, podería chegar a darse esta situación no caso de que exista algunha denuncia que puidera requerir no futuro da exhumación do corpo para realizar algunha proba, trámite que non podería facerse sobre un corpo incinerado.

Envía a túa consulta a www.asgandaras.gal/dudas.