A piscina das Pedreiras retoma a actividade ao público este sábado

A concellería de Deportes estivo realizando melloras de mantemento durante o mes de xullo no complexo deportivo
Piscina de As Pedreiras. ARCHIVO
photo_camera Piscina de As Pedreiras. ARCHIVO

A concellería de Deportes, dirixida por Miguel Fernández informa que a piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto, tras permanecer pechadas por estar realizando nas mesmas tarefas de mantemento.

Por outra banda, as piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto, debido ao inicio de traballos de conservación das instalacións, pero si permanecerán abertas as exteriores.

Miguel Fernández recalcou que dende o concello ‘traballamos en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas co fin de promover a actividade física dos veciños do concello lucense’.

 

Horario complexo deportivo de As Pedreiras:
De luns a venres de 08.00h a 22.30h
Sábados de 10.00h  a 13.30h e de 18.00h a 20.15h.
Domingos de 10.00h  a 13.30h.

Mantense a cita previa no 982 297 310

Comentarios