Pinocho chega a Lugo o domingo

A compañía EducaTeatro Produccións acercará o teatro ós máis cativos da casa cunha obra que terá música e voz en directo e moito espectáculo 
Espectáculo de Pinocho. eop
photo_camera 'O mundo máxico de Pinocho' noutra representación. EP

A oferta cultural de Lugo non para de medrar. Na cidade existen numerosas opcións para gozar de plans de ocio pensados para todas as familias, e o domingo os máis pequenos da casa teñen unha cita con Pinocho no Auditorio Municipal. 

A empresa de producción cultural EducaTeatro Produccións acercará ós cativos ó teatro nunha gala que comezará ás 17.00 horas e que ten un prezo de 10 euros por entrada. As anticipadas xa poden adquirirse en ataquilla.com e as que sobren venderanse ese mesmo día no Auditorio.

A obra, titulada 'O mundo máxico de Pinocho', terá unha duración de 60 minutos e mesturará diferentes técnicas como voces e piano en directo, teatro musical ou espectáculos máxicos e corpóreos. Está pensada para que goce dela o público familiar con nenos maiores de 2 anos. 

Aparticipación do público terá unha grande importancia xa que ó entrar á obra todos os asistentes recibirán un marcapáxinas con forma de variña máxica coa que axudarán á Fada Mimadriña nos seus trucos. 

Comentarios