domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

Agasallos os sábados para as compras superiores a 40 euros na Praza de Abastos

Presentación da campaña 'O noso mercado é un agasallo'. EP
Presentación da campaña 'O noso mercado é un agasallo'. EP

Cristina López presenta unha campaña para fomentar o consumo no Mercado 

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, presentou este xoves a campaña para este Nadal baixo o lema O noso mercado é un agasallo, na que se incentiva o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal.

Cristina López destacou a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, que demostrou o seu papel crucial durante esta crise sanitaria.

A edil de Participación anunciou que "durante os sábados do mes de decembro a Praza de Abastos será o mellor lugar para comprar". Cristina López afirmou que “todas as persoas que realicen compras por valor de 40 euros ou máis nos distintos postos da praza recibirán un agasallo”.

A área de Participación habilitará un posto durante os sábados no horario de apertura da Praza para que todas as persoas poidan achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos que se entreguen ese día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizables serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida e calendarios do ano 2021 con fotos históricas da Praza e o Mercado.

 “Dende a área de Participación traballamos da man cos distintos negocios da Praza e do Mercado para resaltar o potencial de ambos servizos públicos como un referente no centro da cidade”, afirmou Cristina López, que lembrou as accións postas en marcha durante este ano como o servizo de reparto a domicilio e de pre-encarga, "un servizo que foi moi reclamado pola veciñanza e que tivo unha gran aceptación", segundo indicou a edil de Participación. 

Agasallos os sábados para as compras superiores a 40 euros na Praza...
Comentarios