Persoal do Concello aclara que un incidente violento non foi polo seu traballo

Asegura que unha cidadá á que xa atenderan púxose violenta ao discutir con outra muller que estaba a esperar
Oficinas del Concello, donde tuvo lugar el incidente. AEP
photo_camera Oficinas del Concello, donde tuvo lugar el incidente. AEP

Amparo Rubinos Hermida, jefa del Servizo de Participación e Atención cidadá del Concello de Lugo, fixo chegar a este diario un escrito de réplica no que ofrece a súa versión sobre un incidente violento cunha cidadá sucedido nas instalacións municipais, e do que este xornal se fixo eco na súa edición do pasado martes 14 de febreiro. A súa versión é a seguinte:

"Diante das noticias publicadas o día 14-02-2023 sobre un incidente ocurrido o día 13-02-2023 nas dependencias municipais, quero facer as seguintes aclaracións.

O día 13 arredor das 13.05 aproximadamente, esta persoa acudiu, sen cita previa, ás dependencias municipais para achegar unha solicitude para a obtención de tarxeta cidadá. Foi atendida e logo da realización dos trámites oportunos entregóuselle a tarxeta, ao reunir todos os requisitos para a súa obtención.

Unha vez finalizada a súa xestión e satisfeita do resultado abandonou o mostrador de tarxeta cidadá coa súa tarxeta na man, e antes de deixar o edificio, dirixiuse a outra persoa que estaba agardando o seu turno de atención noutro departamento e tivo un forte enfrentamento con ela. O garda de seguridade invitouna a baixar o tono e rectificar a actitude agresiva e diante da súa persistencia invitouna a sair do edificio. A partir dese momento esta persoa mantivo unha actitude violenta con agresións físicas e verbais ao axente.

Polo tanto debe quedar claro que o incidente non foi motivado por ningún desencontro coa administración municipal nin coas funcionarias da tarxeta cidadá nin de ningún outro departamento, senón por un violento enfrentamento entre dúas persoas que estaban en planta, unha de las xa atendida e outra á espera.

Quérese tamén poñer en valor a excelente labor dos funcionarios e funcionarias deste departamento que teñen encomendada a atención presencial, con cita e sen cita previa, recibindo diariamente a non menos de 250 persoas para realizar trámites".

Comentarios