Cinco películas clásicas infantís proxectaranse no ciclo 'Yelmo Kids' en Lugo

O primeiro filme en pasarse será 'La Bella y la Bestia'
Colas de clientes en las salas e los Yelmo en Lugo. AEP
photo_camera Colas de clientes en las salas e los Yelmo en Lugo. AEP

Os cines Yelmo de Lugo inclúen a programación de cinco películas clásicas infantís dentro do seu ciclo Yelmo Kids, que nesta ocasión se prolongará de sábado a mércores, véspera de Noiteboa.

A primeira película en pasarse será La Bella y la Bestia (sábado, 16.15 horas), un clásico de Disney que chega na súa última versión: unha adaptación en imaxe real con Emma Watson encabezando o reparto.

O domingo será a quenda de Guardianes de la galaxia, una película de superheroes da factoría Marvel. Protagonizada por Chris Pratt, na pel do temerario aventureiro Peter Quill, o cal é obxecto dun implacable cazarrecompensas despois de roubar unha misteriosa esfera cobizada por Ronan, un poderoso vilán. O pase será ás 16.15 horas.

O luns proxectarase ás 17.15 horas Toy Story 4, a última entrega da saga de Pixar que hai 25 anos que botou a andar da man do mago da animación John Lasseter.

O martes, pola súa banda, tocaralle o turno a El rey León, na versión de 2019 de Jon Favreau, quen tamén fixera a adaptación de El libro de la selva. O pase é ás 17.00 horas.

Finalmente, o mércores é a quenda de Superlópez, o superheroe español creado por Jan e que agora ten a cara de Dani Rovira. A proxección será ás 16.15 horas.

Os cines Yelmo de Lugo lembran que en cumplimento da normativa en vigor -artigo 245 bis- as salas deben levar un rexistro de todos os asistentes "e custodiar este durante un mes, coa información do contacto dispoñible paras as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal".

Comentarios