domingo. 26.09.2021 |
El tiempo
domingo. 26.09.2021
El tiempo

Paco Nogueiras, Pakolas ou Gramola A Gominola, na programación 'Verán infantil'

'Rockeando con Ramona Órbita', de Paco Cerdeira "Pakolas". EP
'Rockeando con Ramona Órbita', de Paco Cerdeira "Pakolas". EP
O programa, organizado pola Deputación e que conta con 18 actuacións en distintos concellos, arranca este domingo en Tuiriz con 'Punkdemia'

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove unha programación para público infantil e familiar, con diferentes propostas musicais e escénicas que contribuirán a ampliar a oferta cultural e lúdica dos concellos durante os meses de verán.

Baixo o epígrafe 'Verán Infantil', a área de Cultura levará ás distintas comarcas os espectáculos musicais Rockeando con Ramona Órbita de Paco Cerdeira "Pakolas", Extra! de Paco Nogueiras e A Gramola Gomila, os concertos do grupo Cozorellos Salvaxes, os pasarrúas de Guateque Roll e as funcións de clown, malabares e globoflexia de Punkdemia.

En total, programaranse 18 actuacións, en colaboración con concellos e asociacións. "Son montaxes divertidas e coloristas que non pasan desapercibidas porque empregan o xogo e a imaxinación para captar a atención das  nenas e nenas", resumiu a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalando a "necesidade de ofrecer un ocio diverso e de calidade para que as máis pequenas e pequenos aprendan, se divirtan e se interesen pola actividade cultural".

A tamén responsable de Cultura remarcou que "se trata de espectáculos e propostas musicais en galego, coas que se promove a normalizacion da lingua nunha franxa de idade na que se observan retrocesos no uso do idioma propio. Cremos que é fundamental que as nenos e nenas teñan vínculos emocionais coa lingua desde as primeiras idades e as actividades culturais e lúdicas teñen un gran potencial nese sentido", afirmou.

Maite Ferreiro lembrou que "'Verán Infantil' se suma a outras programacións que se puxeron en marcha desde a área de Cultura nas últimas semanas, como o Musiqueando, as proxeccións na rúa da película Cuñados ou o circuíto de teatro profesional Aparte". "Son máis de 170 eventos, cos que chegamos nón só ás vilas de refencia en cada concello, senón tamén ás parroquias do rural, e que contribúen a xenerar actividade nun sector moi prexudicado pola pandemia".

'Punkdemia', o domingo en Pantón

Punkdemia

A cita máis inmediata con esta programación infantil será o domingo 25 de xullo en Tuiriz, no concello de Pantón, co espectáculo 'Punkdemia' do clown Isaac Rodríguez Miranda "Peter Punk".

Trátase dunha montaxe que busca a risa a partir das situacións novidosas que vivimos coa crise sanitaria, "veremos como se viste un pallaso para protexerse da pandemia, malabares con coronavirus e asistiremos a unha técnica sorprendente para botar o virus fóra do corpo".

Paco Nogueiras, Pakolas ou Gramola A Gominola, na programación...
Comentarios