"Os fumadores son uns suicidas"

Día Mundial sen Tabaco
Fútbol e tabaco
photo_camera Fútbol e tabaco

Nas festas, un home, ou polo xeral unha muller, levaba unha manta onde puña cousas de vender. Por exemplo unhas bombas que explotaban por contacto. Viñan metidas en serraduras. Eu mercaba algunha e cando viñan rapazas, tiráballes unha, por asustar. Tamén uns foguetes pequeniños e cigarros. Mercabamos un cigarro, plantabámoslle lume e andabamos así botando fume e mirando por ver se miraban para nós, facéndonos máis homes, sen darnos conta do que viña detrás. Pero pasabámolo ben. Eramos cinco homes, catro irmáns e o pai. E ninguén fumaba nada máis ca min desde os trece, catorce anos. Eu tiña as cartillas de todos porque daquela o tabaco estaba racionado. Dábanmo a min e eu vendíao. E despois, claro, pola compañía dos outros, collín o vicio. Sacáronme a cartilla. Cartos non tiña, tabaco tampouco, así que o sementaba entre o millo porque o roubaban. A quen lle gustaba o tabaco máis forte, secábao á sombra, e ao que lle gustaba máis suave, secábao ao sol. A varilla do tabaco picábase muy picadiña e eles usaban un libriño de papel, coido que da marca Sol.

José Manuel Pol Herbón / Adai / O Corgo

También comenzó a fumar a espaldas de la familia... (José Calvo Sotelo).

-Pero querido vecino, si aborrecía de mayor el humo de tabaco...

-Pues fumaba, sí, señor; fumaba y si dejando el cigarrillo a tiempo no llegó a enviciarse, es porque tenía una enorme fuerza de voluntad. Al volver a nuestros respectivos lares nos metíamos en un zaguán, y él, cara a una pared, y yo, cara a la otra, resoplábamos con fuerza para que en casa no nos traicionara el aliento.

Manuel Castro Gil / Lugo

Me acuerdo del primer pitillo que fumé, a los catorce años y a escondidas, que yo creo que ni siquiera me supo bien. Además, fumábamos pitillos de manzanilla. Aquel primer cigarro lo fumamos Benigno Varela, Carlos Pimentel y yo, escondidos detrás de un árbol para que no nos vieran.

Francisco Martínez / Lugo

El prefecto de Internos era el padre Gregorio, un personaje de aspecto insignificante que parecía mimetizarse con el granito de las columnas de los claustros y que siempre aparecía como por arte de magia en el momento en que habíamos cometido una pifia. Se le notaba la satisfacción cuando nos hacía precederle por los pasillos del primer piso que conducían al despacho del rector, mientras nuestros zapatones pisaban los anchos tablones barnizados que parecían sonar como el piso del cadalso, mientras desde las paredes nos parecían seguir las miradas de los antiguos alumnos que, retratados en sepia, testimoniaban su paso por el colegio. Además este fraile tenía un negocio redondo pues tenía una habilidad especial para pillar a los que estaban fumando y encontrar los sitios donde los internos guardaban el tabaco que inmediatamente era requisado para revendérselo después a la Estrella, una mujeruca que tenía un puesto en un portal cercano en el Campo de la Compañía donde vendía pipas, caramelos y cigarrillos sueltos, a la que después se los volvían a comprar los internos transgresores.

Carlos Varela Prieto / Monforte de Lemos

Cuando fui presidente del Club Deportivo Lugo, sí que fumé algún habano contagiado por Eduardo García, porque él sin puros no era nadie. Pero no fumé nunca.

Fernando Pardo Gómez / Cervo

Á miña idade, outros din que xa son vellos; eu creo que non estou vello. A saúde débese coidar. Abondo temos con aturar as enfermidades e accidentes alleos á propia vontade. Os fumadores son uns suicidas.

Xosé Rodríguez López / Pousada / San Martiño de Mariz / Chantada

Fumei todo. Comecei aos catro anos. O Milucho e eu comprabamos os Ideales onde a señora Dosinda e tiñamos uns fagochos alí no valado. Cando queriamos fumar e non tiñamos mistos, acendiamos un co anterior. Para non cheirar na escola, iamos as hortas, colliamos unha verza e mastigabámola para que non soubesen que fumabamos.

Afonso Eiré López / Riopedroso / Laxe / Chantada

Primeiro usáronse as tiras de papel con fósforos, para acender o lume. As caixas de mistos chegaron a Lugo polo ano oitenta e tantos. Unha copia, publicada nun xornal de Lugo, celebrou esta invención: «Soy la caja más hermosa / que en tu bolsillo me encuentro / y tan solo por dos cuartos / brindo cerillas sin cuento».

Ánxel Fole / Lugo

Eu fumei algo pero deixeino axiña. Un día cando tiña 21 anos decateime de que fumara nun día unha caxetiña enteira, e dixen, nunca máis. Agora nalgunha festa podo fumar un tranquilamente que non reengancho de ninguha maneira e podo dgozalo. Pero se estou coa miña irmá Marica, que vén de deixalo hai uns meses, non o collo, por moito que ela diga que non pasa nada.

Tareixa Campo / O Incio

Nunca fun fumador e sen embargo tiven un cancro de pulmón. Fumei algún pito ás agachadas cando un se quere facer un home, e unha das maneiras de demostralo é fumando. Afortunadamente co tabaco e coas drogas fun un dos poucos que non tiven un contacto estreito. O fume do tabaco sempre me molestou e mesmo ás veces me mareaba. Os meus amigos non, pero meu pai si que cultivaba tabaco porque era un fumador empedernido. Por certo, estaba prohibido porque era un produto estancado, de aí que o cultivase no medio das leitugas. Do que non me lembro é do proceso que seguía. Outros, como un veciño meu, fumaba as ramas de pataca envoltas en papel de xornal. Cada un defendíase como podía. Cando tiña 89 anos pregunteille: Manuel, ti canto levas fumando? E díxome: Desde os trece anos e non sempre tabaco. Pois logo non fumarías marihuana ou cousas polo estilo? Non, non. Rama de pataca envolta en folla de xornal. Veleno puro. Meu pai non. El liaba o tabaco con papel de fumar.

Xosé Luis Novo Cazón / Vilalba

En Salamanca hay una pensión de mala muerte, un hotelucho al principio de la calle del Toro, y tenía un portero de noche y los representantes que iban por allí una noche les decían a los dueños: «Cuiden a ese viejecito, porque se va a morir». Lo escuchaban toser de noche y no podían por menos que comentárselo. Y ellos les contestaban: «No es ningún viejecito, es un chico joven, un estudiante». Su caso me ayudó a dejar de fumar. Fue una tontería enorme. Toda la vida tosiendo, acatarrado... en cambio desde hace treinta años, nada.

Jesús Latas López-Pardo / Lugo

Un sarxento co que traballaba aos meus catorce anos fumaba as tripas dun can. Vendía a súa dignidade pola nosa ración. E non só iso, senón que era o último en saír, e antes de o facer, percorría todos e cada un dos corenta postos de traballo na procura das cabichas dos nosos compañeiros. Chamábase Liguiniano. A min ver aquel home, que admiraba tanto porque era o meu mestre, recollendo as cabichas dos compañeiros dábame pena. Este home, pensaba eu aos meus catorce anos, está prendido a un vicio e non o pode remediar. Sempre que tiven a tentación de fumar, lembrábame de Liguiniano e pensaba: «Non quero ser coma el». Como persoa parecíame un bo profesional. O seu mal exemplo nunca o esquecín para o meu propio ben.

Ángel Rodríguez Vázquez / Viveiro

Comentarios