A oposición acorda votar en contra do pago de extras a funcionarios

A decisión afecta a varios colectivos, entre eles a Policía Local, que ten pendente o cobro de 83.000 euros de horas extra polo San Froilán

Policías locales, en la Praza Maior. XESÚS PONTE/AEP
photo_camera A decisión afecta a varios colectivos, entre eles a Policía Local. XESÚS PONTE/AEP

Os cinco grupos da oposición no Concello de Lugo acordaron este xoves que, no pleno da vindeira semana, votarán en contra do pago de horas extraordinarias a funcionarios en desacordo pola contabilización e a cuantía e tamén polo xeito en que se están tramitando. A decisión afecta a varios colectivos, entre eles a Policía Local, que ten pendente o cobro de 83.000 euros de horas extra polo San Froilán do ano pasado.

O xulgado ditaminou hai uns meses que os cambios que fixo o goberno o ano pasado (aumento do valor da hora extra en xornada festiva e supresión a limitación de horas extra ao ano) debía autorizalos o pleno, trámite que este ano prevé facer. Porén, a oposición recibiu este xoves o expediente, cun prazo de alegacións de 24 horas, un tempo que os voceiros municipais consideran insuficiente. Ante esta situación, solicitáronlle por escrito que retire ese asunto da orde do día. Se non o fai, a oposición acordou votar en contra.

O goberno confirmou que o expediente irá a pleno e advertiu de que a oposición terá que explicarlle aos funcionarios por que non autoriza que se lles paguen as horas extraordinarias.

Comentarios