Contido patrocinado por Serfuja

De onde vén a tradición de incinerar os corpos? Son máis habituais que os enterros?

Cando se comezaron a facer as cremacións? Son máis frecuentes que os enterros?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

A práctica da incineración dos cadáveres remóntase á Idade de Bronce na actual Grecia, onde crían que ao queimar o corpo purificábase a súa alma e, deste xeito, despoxábase do seu compoñente terreal para chegar máis axiña ao seu destino. Este postulado é o que manteñen hoxe relixións coma o hinduísmo, na que os rituais se levan a cabo case inmediatamente despois da morte.

Durante a civilización romana, esta práctica mesmo era un distintivo social, xa que só as persoas con máis poder adquisitivo podían ser incineradas de día. Posteriormente, o auxe do cristianismo e a crenza na resurrección foi minguando durante varios séculos a frecuencia das cremacións.

Porén, dende a aprobación oficial das incineracións polo papa Pablo VI en 1963, as cremacións foron cobrando cada vez máis forza. Aínda que, en comparación cos enterros, as estatísticas varían moito en función do hábitat (rural ou urbano) ou da idade da persoa falecida, cada vez é un servizo máis demandado. Por iso, Serfuja é a única empresa da provincia que conta con dous fornos crematorios para poder atender estas necesidades.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas