Olga Novo: "A visión androcéntrica do mundo permea todo"

A gañadora do Premio Nacional de Poesía de 2021 cre que "a loita pola igualdade non pode ficar nunha data celebratoria no calendario, senón devir un elemento transversal, cotián, presente na educación"
Olga Novo. ANA MOSQUERA (LUZES). JPG
photo_camera Olga Novo. ANA MOSQUERA (LUZES). JPG

A poeta Olga Novo apunta que a institucionalización do 8-M "tende a focalizar a atención sobre un aspecto nun día concreto e dese xeito os poderes banalizan o significado profundo e a forza das reivindicacións. Sen negar a súa importancia  a nivel simbólico, creo que coma en moitas outras problemáticas sociais, a loita pola igualdade non pode ficar nunha data celebratoria no calendario, senón devir un elemento transversal, cotián, presente na educación -na casa e na escola- desde a máis tenra infancia. Porque a desigualdade é estrutural, soamente transformando as estruturas sociais podemos atacar o corazón do patriarcado. A felicidade só se alcalza coa paz profunda e a liberdade radical. E este traballo en prol da harmonía abrangue a todos os seres humanos, é un labor de todas e de todos, de cada día, de portas para fóra pero sobre todo de portas para dentro.

Cre que aínda falta unha maior perspectiva feminista e de referentes femininos no mundo da cultura, libros, lecturas na clase?
Por suposto. A visión androcéntrica do mundo permea todo. É necesario formar adecuadamente tamén ao profesorado para que poida, non só incorporar contidos relativos á presenza das mulleres nos diferentes ámbitos do saber, senón que saiba reler e reinterpretar a realidade en clave igualitaria. Non se trata de festexar con carteis unha efeméride, senón de asentar día a día a problemática de xénero na transversalidade do noso xeito de ensinar.

Medra se cadra máis a voz das mulleres na poesía en galego que noutros xéneros literarios? 
En todos os renacementos literarios, a poesía foi o xénero fundacional. No caso galego ademais, este renacer leva o selo da voz inaugural dunha muller, Rosalía de Castro, convertida en nai simbólica das nosas letras. Este feito crea unha función especular e inaugura unha tradición poética matriliñal. Pero hai tamén outros factores que teñen que ver co propio desenvolvemento da complexidade dos sistemas literarios, e que dificultan a chegada das mulleres a outros xéneros tradicionalmente asociados á masculinidade.

Que significado ten para vostede o 8 M?
A institucionalización tende a focalizar a atención sobre un aspecto nun día concreto e dese xeito os poderes banalizan o significado profundo e a forza das reivindicacións. Sen negar a súa importancia  a nivel simbólico, creo que coma en moitas outras problemáticas sociais, a loita pola Igualdade non pode ficar nunha data celebratoria no calendario, senón devir un elemento transversal, cotián, presente na educación -na casa e na escola- desde a máis tenra infancia. Porque a desigualdade é estrutural, soamente transformando as estruturas sociais podemos atacar o corazón do patriarcado. A felicidade só se alcalza coa paz profunda e a liberdade radical. E este traballo en prol da harmonía abrangue a todos os seres humanos, é un labor de todas e de todos, de cada día, de portas para fóra pero sobre todo de portas para dentro.

Comentarios