Rodil e Arroxo reúnense coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo

O obxectivo da xuntanza foi achegar o posicionamento do BNG acerca do acceso dos maiores a servizos bancarios
Rubén Arroxo e Olalla Rodil durante a xuntanza coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo. CEDIDA
photo_camera Rubén Arroxo e Olalla Rodil durante a xuntanza coa Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo. CEDIDA

Olalla Rodil, viceportavoz do BNG no Parlamento Galego e Rubén Arroxo, portavoz do BNG e Tenente Alcalde do Concello de Lugo mantiveron unha xuntanza con representantes da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Lugo para achegar o posicionamento do BNG acerca do acceso a servizos bancarios.

Olalla Rodil afirmou que a exclusión financeira de miles de cidadáns en Galicia "ten dúas caras, por unha banda, no medio rural, onde xa non poden acudir a ningunha oficina bancaria e para todas esas persoas para que as novas tecnoloxías estanse a converter nunha carreira de obstáculos". Rodil destacou que "desde o BNG recollemos e compartimos as propostas deste colectivo, que están a facer a chegar a todas as forzas políticas do país con representación nas distintas institucións".

Por outra parte, subliñou que a exclusión financeira tamén amosa outras caras, "peches de oficinas, encarecemento do cobro por acceder á conta bancaria, realizar transferencias ou xestionar os seus aforros, accións que afectan máis gravemente ás persoas maiores ante a posta en marcha de novas tecnoloxías que supoñen outro atranco cando carecen dun teléfono móbil intelixente ou conexión a internet", aformou a nacionalista, que lembrou que "o sistema bancario foi rescatado por todos e todas nós, incluídos cos cartos das persoas maiores, máis de 90.000 euros para rescatar unha banca que agora os devolve en forma de exclusión financeira".

Rodil: "moitas persoas maiores pagaron cos seus cartos o rescate bancario con 90.000 millóns de euros, subvencionar  os caixeiros produce un efecto chamada para seguir pechando oficinas"

Non podemos tolerar, dixo, que as persoas maiores teñan a obriga de adaptarse ao bancos, "son os bancos os que deben adaptarse ás necesidades dos nosos e nosas maiores", que merecen un trato humanizado e de calidade.

Neste sentido, o BNG aposta por unha banca pública galega para poñer no centro a veciñanza e non a usura, evitando que unha parte do aforro galego marche para fóra do noso país. Olalla Rodil afirmou que "é urxente frear os abusos da banca e pola parte das entidades bancarias ofrecer un trato humanizado e todos os recursos que precisan".

O BNG propón impulsar dende o Goberno da Xunta unha negociación con todas as institucións, organizacións sociais e de consumidoras para esixir o cese deste tipo de prácticas abusivas

Ademais, a deputada do BNG reclamou á Xunta "que lidere as negociacións para protexer os dereitos das persoas usuarias da banca garantindo o acceso aos servizos sen discriminación".

Comentarios