Viernes. 21.09.2018 |
El tiempo
Viernes. 21.09.2018
El tiempo

Odile Fernández, acusada de promover pseudociencias, encheu o Pazo de San Marcos

Odile Fernández. EP
Odile Fernández. EP

A Deputación non incluíu a charla nas convocatorias diarias que remite aos medios

A charla de Odile Fernández, unha médica á que se acusa de promover un discurso acientífico nos seus libros e relatorios, abarrotou este sábado o salón de actos da Deputación. Aínda que a convocatoria foi moi criticada nas redes sociais por activistas escépticos e asociacións, que pediron expresamente á administración que non colaborase cunha promotora de pseudociencias, ao final transcorreu con normalidade.

A facultativa e escritora foi presentada pola deputada de Promoción Social e Económica Sonsoles López Izquierdo, que fixo unha breve alusión ao carácter controvertido da relatora. A Deputación, normalmente moi dilixente ao informar dos actos aos que asiste algún membro do goberno provincial, non incluíu a charla nas convocatorias diarias que remite aos medios.

A conferencia tivo lugar ás dez da mañá e foi organizada pola Asociación de Axuda a Enfermos Crónicos. Resultou un acto moi participativo, no que os asistentes preguntaron dúbidas a Fernández sobre alimentación. A médica fixo referencia a tres tipos de dieta, unha delas a anticáncer, na que se centra o seu libro máis coñecido, escrito despois de que ela mesma padecese a enfermidade e que a fixo tan coñecida que actualmente está en excedencia e dedícase á escritura e a impartir relatorios. É ese primeiro volume o que contén máis referencias a cuestións non probadas pola evidencia científica, desde atribuír a algúns alimentos a propiedade de previr ou curar o cancro, ata relacionar o estado de ánimo co prognóstico do paciente oncolóxico. Tamén aseguraba que unha preparación de auga deixada ao sol tiña propiedades curativas.

Con todo, co tempo e as queixas polo seu discurso pseudocientífico, acabou moderándoo. De feito, asistentes á charla deste sábado estimaron que fora unha intervención máis aséptica que outras anteriores dela.
 

Odile Fernández, acusada de promover pseudociencias, encheu o Pazo...
Comentarios