As obras do carril bici no Rato obrigan a cortar 200 metros da senda peatonil

A construcción do muro de construción obrigará a pechar o paseo entre este mércores e o día 12
La carretera del Paseo del Rato sufrirá cortes las próximas semanas.EP
photo_camera Obras en el Paseo do Rato. EP

As obras de acondicionamento dun carril bici no Paseo do Rato obrigarán a manter cortado un tramo de 200 metros da zona peonil – entre os puntos quilométricos 2 e 1,8 da estrada LU-P-2925- desde este mércores e durante unha semana, ata o día 12 de novembro.

Esta medida é necesaria para a construción dos muros de contención, a fase na que se atopa o proxecto, froito da colaboración entre a Deputación e o Concello de Lugo.

Unha vez rematada esta fase, realizarase a correspondente pavimentación e colocaranse as estruturas de madeira. Finalmente, pintarase o eixe do carril bici mediante unha marca viaria reflexiva branca e situarase a correspondente sinalización vertical. 

Deputación e Concello de Lugo destinan 505.600 euros para a creación do carril bici, que permitirá poñer en valor este espazo, un dos escenarios naturais máis característicos e concorridos da cidade de Lugo. 

Comentarios