As obras do carril bici do Rato obrigan a facer cortes de tráfico

O tráfico no tramo afectado estará regulado por semáforos durantes as dúas vindeiras semanas

La carretera del Paseo del Rato sufrirá cortes las próximas semanas.EP
photo_camera A estrada do Paseo do Rato sufrirá cortes as vindeiras semanas.EP

A contrución do carril bici no Paseo do Rato obriga á Deputación de Lugo a efectuar unha reordenación do tráfico na LU-P-2925 e cortar treitos da vía. Por este motivo, o entre provincial anuncia nun comunicado que durante "as vindeiras dúas semanas" o tráfico verase interrumpido entre as 8.30 e as 20.30 horas e debidamente regulado por semáforos. 

Na nota, a Deputación de Lugo concreta que as obras, que comezaron a finais deste verán, xa avanzaron ata o acondicionamento do terreo a través da explanación, así como tamen foron colocados "os bordos e os muros de perpiaño". O seguinte paso será a pavimentación da vía e a colocación das "estruturas de madeira". Finalmente, a obra rematará co pintado do eixo do carril bici e a colocación da correspondente sinalización vertical. 

O comunicado engade que a Deputación e Concello de Lugo destinaron 505.600 euros para a realización destes traballos e que as actuacións e materiais utilizados son respectuosos coa vexetación de ribeira do paseo do Rato. 

Comentarios