Obituario: falece aos 81 anos Rafael Arias Piñeiro, un dos socios máis antigos do CD Lugo

Lelé, como era coñecido de mozo cando xogou no San Vicente, traballou como fontaneiro

O Lugo perdeu o martes un dos seus socios máis antigos, Rafael Arias Piñeiro, de 81 anos. Fontaneiro durante moitos anos xunto a un dos seus cinco irmáns, Rafael sempre tivo o fútbol como a súa gran afección.

De mozo, nos anos 50, xogou no equipo San Vicente, onde era coñecido como Lelé, e, máis tarde, centrou toda a súa paixón futbolística no Lugo, ao que seguía con fervor e co que viaxaba por distintos puntos de España.

O mércores recibiu o último adeus na igrexa da Milagrosa.

Comentarios