jueves. 02.07.2020 |
El tiempo
jueves. 02.07.2020
El tiempo

Obituario: misa en Lugo en memoria do profesor Sergio Rábade Romeo

Sergio Rábade Romeo. EP
Sergio Rábade Romeo. EP

Será o vindeiro mércores 18 ás seis e media tarde na igrexa lucense de San Froilán

O próximo mércores 18, ás 18,30 h., na igrexa lucense de San Froilán (praza de Ferrol), hase celebrar unha misa en memoria de don Sergio Rábade Romeo, promovida polos seus alumnos lucenses, profesores de filosofía, que gardan memoria garimosa deste grande mestre, símbolo dos estudos de filosofía en España na segunda metade do século XX. 

Sergio Rábade Romeo, finou o 26 do pasado mes de marzo, en Madrid. Nacera en Saavedra (Begonte) en 1925. Era doutor en Filosofía e catedrático emérito de Teoría do Coñecemento na Complutense de Madrid. Tamén, entre outras tarefas, fora director do Instituto Luis Vives, decano de Filosofía e Ciencias da Educación e vice-reitor (en varios períodos) da Universidade Complutense, foi primeiro reitor da Universidade San Pablo e presidente da Sociedad Española de Filosofía.

Asemade, entre outras distincións, foi distinguido coa Medalla Castelao e O Concello de Begonte tíñao declarado Fillo Predilecto.

Os alumnos de don Sergio queren lembrar agora a súa memoria, aínda que a familia do profesor falecido ten previsto vir, o próximo verán, a Saavedra (Begonte) para depositar as cinzas de Rábade Romeo no panteón da familia na parroquia natal. Con tal motivo celebrarase un acto na súa memoria, no que participará a familia, os amigos lucenses, e o Concello de Begonte.
Os citados exalumnos convidan a quen o desexar, a asistir a esta xuntanza que se anuncia, agradecendo de antemán a súa asistencia.

Obituario: misa en Lugo en memoria do profesor Sergio Rábade Romeo
Comentarios