Obituario: Lugo e Pontevedra despiden a Juan Manuel Hernández, funcionario de Costas

Faleceu aos 60 anos na cidade do Lérez e este mércores celébrase o funeral na capital luguesa

Despois de tres anos de loita contra o cancro de pulmón, Juan Manuel Hernández López morreu na madrugada do martes no hospital de Pontevedra. Nado en Lugo, chegou á cidade do Lérez como funcionario de Costas e alí viviu os que, con seguridade, foron algúns dos seus anos máis felices, coa súa muller, Puri, e a súa filla, Raquel, á que os dous criaron con devoción. 

Juan foi un pai entregado e un traballador comprometido co ben común —especialmente co patrimonio natural—. De gustos sinxelos, viviu con paixón afeccións como a fotografía e a bicicleta. Con elas
gozou do lugués paseo da Fervenza, da ría e dos montes de Pontevedra e das terras chás de Castro
de Rei. Encarou a enfermidade coa dose exacta de enfado, aplomo e disciplina que o definían, e onte
deixou Pontevedra, onde o gran número de persoas que acudiu a despedilo mostrou o apreciado
que era e o moito que o querían, a el e os seus. 

Este mércores a súa familia e os seus amigos rezarán por el ás catro e media da tarde en Lugo, na
igrexa de San Froilán.