miércoles. 15.07.2020 |
El tiempo
miércoles. 15.07.2020
El tiempo

O programa de Nadal en Lugo vén con obradoiros no MIHL e música

Presentación do programa do Nadal.EP
Presentación do programa do Nadal.EP

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades para o Concello de Lugo

A edil de Cultura, Maite Ferreiro, presentou as actividades de Nadal para o concello de Lugo, que comezarán o día 14 de decembro e pecharanse o 5, coa Cabalgada de Reis Magos.

A programación conta con actividades musicais e obradoiros ademais do recibimento ao Apalpador e a esperada Cabalgata. Ademais, na rolda de prensa participaou o músico Pablo Díaz que ofrecerá un concerto, no MIHL, o 23 decembro ás baixo o título Coas miñas mans. Tamén estivo presente Inacio Vilariño que nos ofrecerá o seu espectáculo O castiñeiro do apalpador  o 26 decembro na caixa negra do MIHL.

Unha das primeiras actividades será o Concerto de Nadal de agrupacións da Escola Municipal de Música que contará coa actuación dos grupos de Saxofóns, Trombóns, Bombardinos e Tubas, Pandeireteiras, Grupo Tradicional e por último, actuación conxunta da Banda de Música da Escola Municipal de Música e Coro infantil de alumnos de Linguaxe Musical, o concerto será no Vello Cárcere o 19 de decembro a partir das 19.00.

A  Feira de artesanía ArteNadal permanecerá aberta na Praza Anxo Fernández Gómez do 19 de decembro ao 5 de xaneiro. Das 11.00 ás 14.30 horas e das 17.00 ás 21.00 (pechado os días 25 de decembro e 1 de xaneiro).

Por outra banda, o Apalpador chegará á Praza Maior o día 21 de decembro a partir das 16:30 horas, previamente, o día 20 de decembro haberá unha charla sobre o Apalpador no Vello Cárcere que leva por título Achegamento ás orixes deste personaxe mítico, da man de José André López González. 

No Vello Cárcere celebrarase unha serie de obradoiros Descubrindo o Nadal entre días 14 e 21 de decembro ás 12:00 e ás 18:00 horas Obradoiros familiares e interxeracionais sobre a orixe do Nadal e as diferentes formas de festexar estas datas en diferentes partes do mundo. Outra das programacións que encherá de actividade o MIHL levará por título Brinquedos de Nadal e celebraranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dunha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa.

A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós:

  • 23 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Pablo Díaz con Coas miñas mans.
  • 26 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Inacio Vilariño con O castiñeiro do Apalpador.
  • 27 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Mamá Cabra con Obradoiro de arrolos. 
  • 30 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con Cantacontos a carón da fiestra
  • 2 de xaneiro -  De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con Radio Bulebule
  • 3 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con O Cardume.

Tamén se celebrarán obradoiros de Panxoliñas no Vello Cárcere. Durante os días 23, 26, 27, 28, 30 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 11:30 h a 13:30 h. Con mostra final do traballo realizado o día 5 de xaneiro, na parte superior da praza Maior, diante da Casa do Concello, previa á Cabalgata. Para nenas e nenos de 4 a 18 anos (Inscricións no Vello Cárcere). O Rancho de Reis do Xeito actuará polo recinto Histórico o 30 de decembro e o 5 de xaneiro ás 17:30 horas con intervencións na rúa e en espazos públicos. Danzantes e Cantareiras e Cantareiros de Oxeito farán Danzas e cantos de Nadal interactuando co público asistente.

A primeira das actividades, xa no vindeiro ano, será o Gran Concerto de Aninovo da Banda Filharmónica de Lugo no Auditorio Municipal Gustavo Freire o día 3 de xaneiro ás 20:30 horas De balde, con retirada de entradas a través de www.entradaslugo.es na Oficina de Turismo e unha hora e media antes da actuación no propio Auditorio. Outra actividade música será o obradoiro concerto-didáctico interactivo con Tundal de Fuxan e amigos e amigas na praza do Campo ás 20:00 e ás 20:45, Campo Castelo ás 21:30. o día 3 de xaneiro. Neste obradoiro faise un repaso polas tradicións asociadas ao solsticio de Inverno ao longo da historia. Dende os cantos de Nadal, ás cantigas da Matanza, Aninovos, Manueles e Panxoliñas. O día 4 de xaneiro Actuación de Conticánticos Os Trotasongsno Patio do Vello Cárcere. Día 4 de xaneiro ás 12:30 horas Dirixido a público familiar, con entrada libre ata completar a cabida

Finalmente pechará a programación de nadal a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro desde o parque da Milagrosa, con saída, de 18.00 horas ata a Casa do Concello.
 

O programa de Nadal en Lugo vén con obradoiros no MIHL e música
Comentarios