Lunes. 18.12.2017 |
El tiempo
Lunes. 18.12.2017
El tiempo

PROGRAMACIÓN

O Museo Provincial celebra o día dos museos co viñetista Luis Davila

Luis Davila, no Museo Provincial de Lugo
Luis Davila, no Museo Provincial de Lugo
Co gallo do Día Internacional dos Museos, o presidente da Deputación destacou o "privilexio" de contar cunha mostra de 95 viñetas do Bichero, que estará exposta ata o 31 de xullo

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao viñetista Luis Davila, O Bichero, e á deputada provincial de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, presentaron este xoves no Museo Provincial de Lugo, a mostra Humor do país, que estará exposta ata o 31 de xullo na sala de exposicións temporais do museo. A colección do famoso viñetista, está enmarcada dentro da programación que o goberno da Deputación ofrece,de xeito gratuíto durante o mes de maio co gallo do Día Internacional dos Museos, que se celebra este 18 de maio.

Campos subliñou o "privilexio de contar con esta mostra do prestixioso ilustrador e humorista que nos amosa, a sociedade actual dende o seu característico punto de vista e retranca". 

A mostra de Davila (Bueu, 1972) consta de 95 viñetas súas, que versan sobre distintos temas de actualidade, como a sanidade, o turismo, a educación, ou a igualdade, entre outros. Este conxunto de obras, forma parte dunha exposición colectiva do debuxante e humorista galego, que reúne ilustracións do autor nos catro museos da Rede Museística da Deputación. Ademais, durante a presentación de Humor do País, os participantes realizaron un obradoiro de viñetas impartido por Luis Davila.

O Museo Provincial celebra o día dos museos co viñetista Luis Davila