O Entroideando 2021 traerá a Lugo seis concertos telemáticos

Retransmitiranse na páxina de Facebook da concellería de Cultura
Imagen del desfile de disfraces de la última edición del Carnaval. XESÚS PONTE
photo_camera Imagen del desfile de disfraces de la última edición del Carnaval. XESÚS PONTE

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou os 6 concertos telemáticos que completarán a programación do Entroideando 2021, nunha celebración diferentes dadas as restricións vixentes a causa da covid. Así, explicou que, coma sempre, apostan "polos grupos e as empresas do tecido cultural local". 

O ciclo comezará o sábado 13 de febreiro coa actuación de Atlántica, que arrancará ás 13 horas. Xa pola tarde, será FruitJuzz o encargado de pechar esta primeira xornada en torno ás 20:30 horas. O domingo 14 será o turno de Mixtape, que tamén tocará ás 13 horas. Igualmente, Wireless empezará a súa actuación ás 20:30 horas. No mesmo horario, chegaralle o turno a Wicked World o luns día 15. O broche final tócalle a Rachel & The Blue Batons ás 13 horas. 

Ademais do plano musical, a concellaría organiza tamén un certame de disfraces telemático. Para participar, basta con subir unha foto ou vídeo ás redes sociais cun disfraz xunto ao cancelo #Entroideando e o ano de realización. 

A maiores, a área de Cultura difundirá un vídeo eresumo realizado pola Asociación Pepe Barreiro que amosa as actividades levadas a cabo nos seus dous decenios de existencia. 

Comentarios