
O concelleiro de Infraestructuras Urbanas, Alexandre Penas, anunciou este luns unha serie de modificacións que afectarán ao tráfico da contorna da rúa Alba.
En concreto, levarase a cabo unha reordenación que afectará ás rúas Flor de Lirio, Juana La Loca, Rei Chiquito e Alba. Deste xeito, preténdese que o treito de Flor de Lirio entre Juana La Loca e Rei Chiquito quede en sentido único (nese sentido de percorrido); o tramo de Rei Chiquito entre Flor de Lirio e Mar Cantábrico non se modificará e seguirá sendo de dobre sentido mentres que o tramo entre Flor de Lirio e a Rúa Alba tamén quedaría e sentido único (nese sentido do percorrido). Nesta mesma rúa Alba, o treito entre Rei Chiquito e Flor de Lirio quedaría tamén en sentido único (nese sentido do percorrido).
Alexandre Penas explicou que con estes cambios "buscamos dar maior fluidez ao tráfico da zona, ao mesmo tempo que aumentamos a seguridade peonil".