O Concello de Lugo apoia a V Feira Ecolóxica, que arrinca venres

"Avalar este certame significa apostar" polos produtos "autóctonos" e pola súa "cultura gastronómica", defende a alcaldesa. O sector rexistra un volume de negocio en Galicia superior aos 31 millóns
Posado durante a presentación do evento
photo_camera Posado durante a presentación do evento

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, expresou este xoves o seu apoio á V Feira Ecolóxica que ten lugar na súa cidade e que se celebra entre o venres e o domingo.

"A produción ecolóxica supón unha oportunidade económica para o concello", destacou a rexedora, segundo un comunicado, e resaltou que este sector rexistra un volume de negocio en Galicia superior aos 31 millóns de euros.  Por iso, remarcou que "avalar este certame significa apostar" polos produtos "autóctonos" de Galicia e pola súa "cultura gastronómica" e a súa "tradición".

Na feira ecolóxica participarán nove expositores, nos que se ofrecerá "grande diversidade de produtos" de agricultura ecolóxica das provincias da Coruña, Lugo e Ourense. A xeito de exemplo, o comunicado cita grelos deshidratados, cogomelos, queixos, iogures, froitos secos, algas e marmeladas.

Comentarios