Martes. 18.12.2018 |
El tiempo
Martes. 18.12.2018
El tiempo

O BNG lembra que a Banda de Música de Lugo leva dous anos sen director

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro. EP
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro. EP

Maite Ferreiro volverá preguntar sobre este asunto na vindeira comisión de Cultura

O BNG denunciou que a Banda de Música de Lugo continúa sen dirección dous anos despois da xubilación do anterior director.

"Preguntamos en varias ocasións e vanse dando respostas vagas e argumentando tramitacións burocráticas varias, pero a realidade é que a Banda Municipal de Música está sen dirección", criticou a edil nacionalista Maite Ferreiro.

A concelleira denunciou que esta situación evidencia a "falta de capacidade de xestión do goberno socialista que en case dous anos son incapaces de cubrir unha praza tan significativa como esta". "Queremos saber se esta situación se vai solventar ou se o goberno do PSOE vai continuar mirando para outro lado", engadiu.

"Está claro que para este goberno as cuestións relacionadas coa cultura e, concretamente, a Banda de Música non son asunto prioritario", engadiu Ferreiro, que pide que "se axilicen os trámites" para que o colectivo "conte, no espazo de tempo máis curto posible, cunha persoa ocupando a praza".

Neste senso, a concelleira anunciou que na vindeira comisión de Cultura, a súa formación volverá preguntar sobre este asunto.

O BNG lembra que a Banda de Música de Lugo leva dous anos sen...
Comentarios