martes. 26.05.2020 |
El tiempo
martes. 26.05.2020
El tiempo

O alumnado da TIC comeza a rodaxe do videoclip do novo single de Lucía Pérez

Un instante da rodaxe, dirixida polo alumnado da Fundación TIC, do novo sinxelo de Lucía Pérez
Un instante da rodaxe, dirixida polo alumnado da Fundación TIC, do novo sinxelo de Lucía Pérez
Xunto á artista do Incio participan outros seis actores ► A rodaxe terá como escenario a Finca La Fortaleza, no Hotel Torre de Núñez, ata o 30 de novembro

Alumnos e alumnas de 2º curso de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC de Lugo están xa inmersos en plena rodaxe do videoclip da nova canción Tú sin mí da cantante lucense Lucía Pérez. O equipo comezou este martes a gravación das escenas que, xunto á artista natural do Incio, protagonizarán outros 6 actores e actrices que foron seleccionados nun casting realizado polos propios estudantes o 25 e 26 de outubro na sede da Escola. 

A rodaxe desenvolverase durante catro días: 22, 23, 29 e 30 de novembro, polas mañás e tardes. As escenas levaranse a cabo de forma íntegra en interiores e exteriores da Finca La Fortaleza, do Hotel Torre de Núñez. Ademais os estudantes contan co apoio de numerosas empresas lucenses que, de xeito altruísta, quixeron colaborar na rodaxe deste proxecto. 

A rodaxe desenvolverase durante catro días: 22, 23, 29 e 30 de novembro

ELENCO DE INTÉRPRETES. A cantante Lucía Pérez será a principal protagonista da historia deste audiovisual xunto a outros seis actores. Un deles interpretará o papel de noivo e cinco rapazas representarán a súa orquestra sobre o escenario. 

O elenco de intérpretes foi seleccionado nun casting convocado polos propios estudantes na EIS. A esta selección súmase á que xa se fixo para a gravación do videoclip da canción Méteo no cu do grupo vilalbés Mi perro Vicent, xa na fase de montaxe. Estes traballos do alumnado da EIS forman parte dos proxectos que realizan e producen durante o curso dentro dos módulos: Xestión de Proxectos de Cine, Vídeo e Multimedia; e Procesos de Realización en Cine e Vídeo.

O alumnado da TIC comeza a rodaxe do videoclip do novo single de...
Comentarios