Contido patrocinado por Serfuja

Nunha morte por accidente de tráfico, pódese elixir tanatorio?

No caso dun falecemento nun accidente de tráfico, a familia pode escoller unha empresa fúnebre ou non depende dela?
Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA
photo_camera Instalacións do tanatorio Serfuja das Gándaras. CEDIDA

Si, a decisión da familia é a que debe primar unha vez que o corpo pasa a depender dela. Así, o habitual nun accidente de tráfico é que, nun primeiro momento, sexa o xulgado quen lle ordena a recollida do corpo a unha empresa fúnebre en particular (á que ten a concesión para a realización destes traballos).

Mais, transcorrido o tempo que as instancias xudiciais precisan para completar os trámites que dependen delas –como pode ser, por exemplo, a realización dunha autopsia–, o cadáver élles entregado ás familias. Así, os seres queridos poden decidir con total liberdade que facer co corpo (se incineralo ou enterralo), o tipo de rito de despedida que queren organizar ou, por suposto, que empresa funeraria contratar.

Deste xeito, cos accidentes de tráfico ocorre o mesmo que con calquera seguro de decesos: a lei establece claramente que non se pode impoñer en ningún caso unha empresa funeraria ou outra, senón que a elección debe recaer sempre nas familias.

Envía a túa consulta a asgandaras.gal/dudas