O novo auditorio de Lugo levará o nome de 'Fuxan os ventos'

Ferreiro lembra que o grupo, que en 2022 cumple medio século de vida, "fixo moito pola nosa lingua"
Nuevo auditorio de Lugo. PEPE TEJERO
photo_camera Novo auditorio. PEPE TEJERO

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua de Lugo, Maite Ferreiro, anunciou este xoves na comisión municipal de Cultura que o goberno local ten a intención de poñerlle ao novo auditorio da cidade, que aínda permanece pechado, o nome do grupo musical Fuxan os Ventos

Ferreiro explicou, para xustificar esta decisión, que "Fuxan os Ventos é un dos grupos musicais galegos máis importantes" das últimas décadas, "dado que en 2022 cumpriranse cincuenta anos desde a súa formación, en 1972". 

"É un grupo que fixo moito pola nosa lingua e pola nosa cultura. Por dar a coñecer a autores, poetas e poemas galegos. Levou o orgullo da nosa lingua a moita xente nova que naquel momento comezaba a rexurdir no idioma despois dunha época escura, dixo Ferreiro. 

Trátase, por tanto, dun recoñecemento da cidade de Lugo a un grupo fixo tanto pola nosa cultura, polo noso idioma e polo noso país.  Así mesmo, lembrou que desde a área de Cultura do Concello de Lugo quíxose lembrar esta data, dándolle tamén ao auditorio un significado especial, de apoio ás agrupacións culturais galegas e lucenses.

Comentarios