O novo alcalde de Tui realiza na catedral a Ofrenda do Antigo Reino ao Santísimo

Participan no acto tamén representantes das corporacións municipais de Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense e Santiago 

O novo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, foi o encargado de realizar a ofrenda ao Santísimo Sacramento en nome das sete cidades do Antigo Reino de Galicia, unha tradición que cumpre 350 anos.

As verbas do rexedor municipal, que leva só dúas semanas no cargo, foron respostadas polo bispo da diócese de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza.

O acto tivo lugar na catedral de Lugo. Ademáis dos representantes das corporacións municipais de Betanzos, A Coruña, Lugo, Mondoñedo, Ourense, Santiago e Tui, asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.

Esta tradición xa tivo este sábado a súa previa coas vísperas solemnes da Ofrenda do Antiguo Reino que se celebraron na mesma basílica. O seu claustro foi ademais o escenario no que se representou a summa poética. A parte literaria consistiu nun recital, con autores consagrados, e a musical na actuación do grupo de jazz Trimensión, que interpretou varias pezas.

Comentarios