martes. 25.01.2022 |
El tiempo
martes. 25.01.2022
El tiempo

Carballo: "Non barallo non acabar en Lugo o mandato e non sei se repetirei"

Ramón Carballo. EP
Ramón Carballo. EP
Hai cinco anos pedíronlle que dera un paso adiante para dirixir o partido na cidade, algo que non ambicionaba pero aceptou

O PP intensificou a oposición ao goberno local. Empezou a conta atrás?
Levamos unha estratrexia dende que ganamos e non gobernamos. Nos primeiros meses intentamos chegar a consenso con este bigoberno, fixemos moitas propostas positivas e consensuadas coa maioría dos veciños, pero puxéronse nesa posición de aplicar o rodillo, dunha soberbia e desprezo á oposición absoluta e practicamente non aceptaron ningunha. A pesar de que nós lles apoiamos moitas iniciativas, como o Plan Reanima, o Lugo Transforma e incluso o 5% do PXOM, cando o seu socio non o votou. Agora estamos intensificando esa acción de fiscalización dos despropósitos do día a día. Vemos que existen dous modelos de goberno e dúas visións da cidade. Fóra do pacto, en poucas cousas se puxeron de acordo.

Nuns tempos de maiorías difíciles, pode que tamén o PP se vexa gobernando en coalición.
En absoluto cuestiono o pacto de goberno. É totalmente lexítimo e válido. Critico as políticas e que haxa dous gobernos con visións distintas. A min gustaríame que a lei electoral se tivera modificado e que o partido que gaña as eleccións puidera facer goberno. Iso non se fixo, e aí haberá responsabilidades para repartir.

Nesa oposición ten un papel destacado Antonio Ameijide. ¿Están preparando a sucesión?
Somos un equipo de dez persoas, cada un cunhas encomendas. Antonio é o meu vicevoceiro, e como eu tamén teño responsabilidade no Parlamento, moitas veces encárgase el de temas de fiscalización e económicos. Pero no día a día eu creo que nos repartimos o traballo entre todos. Antonio ten ese papel, igual que Manuel López, que ten unha área moi específica. Os dous teñen dedicación e teñen tempo. Eu creo que se algo ten este grupo é que é moi unido, con moitas ganas de traballar e cun modelo de cidade claro. Antonio é un gran baluarte do PP na cidade e eu só lle podo estar agradecido, pero non hai ningunha outra lectura.

"Levamos algunhas iniciativas moi importantes, como defender o tema da estación intermodal"

¿Cre que no resto do partido na cidade tamén hai esa unidade?
Non notei nunca ningunha división. Esta semana tivemos unha xunta directiva local, estivemos sobre 120 afiliados e simpatizantes e a sensación é de que o partido está máis unido ca nunca e con ganas de que haxa un cambio de goberno na cidade.

Falaríase do congreso local nesa xunta. ¿Vaino haber?
Non se falou porque ese tema marcarano as direccións provincial e rexional. Lugo ten unha xunta local elixida, e aínda que sería agora o tempo de renovala, non é como noutras cidades, que están con xestoras e se están facendo agora os congresos. Aquí se toca, benvida sexa.

"Antonio Ameijide é un gran baluarte do PP na cidade ee eu só podo agradecerlle o traballo, pero non hai outra lectura"

E vostede como responsable local que opina. Debe facerse?
Eu creo que neste momento non é unha prioridade, pero si, na primavera, que é cando cumpriríamos cinco anos, tocaría.

Non é regra, pero o habitual é que de aí saia o candidato á alcaldía, como foi o seu caso. Presentarase de novo?
Non sempre sucede, porque nos estatutos non figura así como tal, pero adoita ser así. Sobre que farei eu, pois non sei. Os dirixentes do partido serán os que marquen esa pauta. Os candidatos das cidades, segundo os estatutos, correspóndelles nombralos ao comité rexional. Aí sempre houbo consenso. O que se busca é candidatos de consenso e que poidan ser unha alternativa alí onde non gobernamos. Lugo merécese un cambio de goberno. O PSOE vai para 24 anos gobernando e ese proxecto agotouse. Cando sexa o momento tomaremos as decisións en consenso co partido e a persoa ou persoas que se presenten á xunta local. Quen gañe supoño que se despois quere ser candidato terá esa posibilidade tamén. E se non, o partido poderá nomear. Este partido ten moita xente con capacitada para dar a batalla na cidade e poder gobernala e dar un cambio tamén na Deputación.

Contempla que poida haber máis dunha candidatura?
Por que non. Hai cinco anos xa o contemplaba. Primeiro, non sei se me presentarei eu.

Da outra vez quedoulle o sambenito de que non quería. En que momento está agora?
Naquel momento pedíronmo e aceptei. Non é que non tivera ganas, pero tampouco tiña esa ambición persoal, de pelexarme por ser candidato, porque eu non son unha persoa que ambicione estar en política por necesidade. Estou para aportar se podo aportar.

"Non cuestiono o pacto de goberno. Critico as políticas e que haxa dous gobernos con visións distintas"

E en que momento está agora?
No momento de volcarme con ese cambio de goberno no Concello.

Está traballando o partido, ou vai traballar, para atraer xente de Cs?
Este é un partido aberto. Collemos todos, de moitas ideoloxías, sempre que o obxectivo sexa traballar por un proxecto e un modelo.

Compatibiliza o Concello co Parlamento. Que cre que lle aportou á cidade ser deputado?
Pois persoalmente non podería dicir o que. Si que levamos algunhas iniciativas importantes, como defender o tema da intermodal. E dáme a posibilidade de poder plantexarlles problemas da cidade e iniciativas directamente aos conselleiros e ao presidente.

Vai agotar o mandato como voceiro no Concello?
Non barallo outra posibilidade, de momento.

E que me di dese runrún de que persoas como José Manuel Balseiro ou Elena Candia poderían vir á lista de Lugo?
A min esas cousas nin me inquietan nin lle dou máis crédito nin inverosimilitude. Cando foron as autonómicas tamén se dicía que Elena ía ser conselleira. A realidade é que iso non debe descentrarnos da reponsabilidade do día a día.

Carballo: "Non barallo non acabar en Lugo o mandato e non sei se...
Comentarios