"Na nosa terra padecemos unha peste de poetas malos e gratuítos"

O día 11 de maio de 1916 nace Camilo José Cela, premio Nobel de Literatura
Camilo José Cela
photo_camera Camilo José Cela

Foi algo semellante ao que significou Cossío para Miguel Hernández. Lembro ir diariamente á Alonso na súa casa de Gil Yuste, en Lugo, aconsellándome decote, agardando coa paciencia de Xob que xurdiran as palabras da miña boca deforme, ordenándome unha e outra vez que repetirá. Bueno, ho, este home portouse comigo dun xeito marabilloso, recomendándome as lecturas máis axeitadas, animándome cando me vía deprimido; eu non teño máis ca cousas boas que dicir del. Se houbera posibles, ergueríalle un monumento no corazón de Lugo; se este home non chega a aparecer na miña vida a miña existencia collería un rumbo moi diferente.
Fiz Vergara Vilariño/ Lóuzara / Samos

Eu por vocación son dúas cousas, filólogo e historiador. Equivoquei o camiño da miña vida, non fixen ningunha carreira universitaria e non me integrei no mundo da investigación, pero realmente a min o que me chama é a investigación lingüística e a investigación histórica, entonces eu andei dunha cousa para outra. Eu teño escrito sobre moitas cousas e todos os xéneros, pero para min a literatura é toda a mesma. Incluso habería que pensar que a investigación histórica é a mesma cousa, a mesma obsesión. Eu sentíame ao principio moito máis cómodo na poesía, na narrativa despois chegueime a sentir máis cómodo aínda, pero tamén me sinto moi ben como tradutor. Non sei, esto da literatura é un vicio curioso, son as palabras e as palabras pertencen a todas esas cousas, á poesía, á narrativa, ao ensaio, que pouco o teño practicado...
Dario Xohán Cabana / Lugo


A los once años escribí un cuento dedicado a mi tía Manuela y madrina, Manuela Sotelo, y que me publicó un periódico de Ribadeo, donde, por cierto, también mis otros dos hermanos mayores velaron sus armas. Cuando Gamallo Fierros tuvo la ocurrencia de leer ese cuento públicamente en el acto conmemorativo del vigésimo aniversario de la publicación de ‘Ribanova’, yo creí morirme de vergüenza. El primer artículo de mi vida, pagado con cuatro duros contantes y sonantes, lo publiqué en Buen Humor, una revista madrileña.
Joaquín Calvo Sotelo / Ribadeo

Alí pasei varios anos para facer o bacharelato. Foi clave na miña vida, como se recollese o feito daquela sensibilidade cultural de San Vicente e San Clodio e o derivase cara á escrita a través doutra figura fundamental para min, que foi o poeta Manuel María, profesor de literatura. Pola súa axuda naceron os primeiros versos. Manuel María ofereceume un mundo tan atractivo e real, a pesar de existir nunha especie de clandestinidade, que entrei nel como se me entregasen un talismán. ‘Albre de espranza’, un feixe de poemas inocentes, nus, nace por aquelas datas, exactamente en 1966. Dous anos máis tarde, outro libro de poemas, libriño, diría, estando eu xa en Madrid, ‘Cancións para un agromar branco e azul’, que abriu a colección Val de Lemos.
Lois Dieguez / Monforte de Lemos


Como tiven que compaxinar o traballo de ensinante coa vocación de escribir, fixen tamén abondosos traballos, orais e escritos, sobre educación, fundamentalmente verbo do ensino da literatura e da normalización lingüística.
Helena Villar Janeiro / Becerreá


Nací con la vocación de escribir. Pero desde muy niño quería ser marino mercante. Marino mercante y no marino de guerra, que es lo brillante, lo que deslumbra. Yo pensaba que siendo marino mercante se trabajaba muy poco en el barco, que era muy cómodo, y que al estar muchos días en la mar tendría mucho tiempo para leer y para escribir. Por otra parte, que recorrería muchos puertos y que así podría cumplir mis dos vocaciones: la viajera y la de escribir. Ahora la viajera la estoy cumpliendo más bien que mal, la de escritor más mal que bien, porque realmente tengo tantas cosas que escribir, que ver y que anotar, que el tiempo no me llega.
Antonio D. Olano / Vilalba

Na escola primaria empecei a fiar os meus versos. Eran poemas malos, en castelán, xermolos dos que virían despois. A verdade é que eran cousas que non podían ser gardadas. Algo máis tarde volvería crear, decidido xa a escribir de verdade. Ata os 13 anos, poido dicir que non empecei a escribir de verdade. Sen embargo, acórdome dunha vez que fun á praia a Sada. Levei un papel de estraza e aí, mirando ao mar, escribín un soneto. Tiña 14 anos.
Xosé M. Díaz Castro / Guitiriz


Cando eu publiquei o meu primeiro libro en 1973, non había premios que puidesen apoiar un libro. Había algúns como o Xosé María Chao en Vilalba ou o Castelao, pero pouco máis. Moitos deles non levaban nas bases a publicación do libro. Hoxe por hoxe e tal como está o mundo editorial, resulta complicado. Pero non só a nivel galego, senón a nivel estatal. Galaxia atende a poesía a través da colección Dombate, pero non o fai co ritmo que sería recomendable. Xerais publica moi pouca poesía. Hoxe por hoxe, está Espiral Maior. É insólito que chegue a 200 títulos de poesía publicados. É un esforzo incondicional que fai Espiral Maior a prol da poesía galega.
Xavier Rodríguez Barrio / Lugo


Por eses anos tamén descubro a literatura nunha espiral de abraio. Nace a potencia de expresar en escrito o que de palabra non podía. Ese rodeo para enganar o abismo conducirame á poesía. Son a miña iniciación os nomes de Salinger, Faulkner, Aldecoa, Neira Vilas, Celso Emilio, Miguel Hernández, Neruda, Vallejo, Ostrovski e a súa epopea da Revolución Soviética... Canda eles, o de Gonzalo Allegue. O meu mundo referencial edifícase entre Lugo e Córgomo de Valdeorras, onde naceu miña mai e morreron meus avós. Alí experimento o mundo familiar e tribal. Atópame a conciencia social e comunitaria no coñecemento do agro, da viña e no oficio de meu pai, en Lugo, con quen acudo a facer traballos de fin de semana. Son estudante, aprendiz de labrego e pinche de albanel. Fórmome no compromiso con esa cultura, con esas terras, coa miña clase, co mundo desexado e os seus símbolos. Así ten que ser.
Antón L. Dobao / Lugo


Naqueles primeiros tempos da súa adolescencia, foi cando a Xerardo Quintiá lle deu pola teima da literatura e comezou a escribir como quen comenza a soñar, sen case darse conta e sen saber para que carallo poderían servir todos aqueles folios que ía enchendo case dun xeito automático, irreflexivo e anárquico; ata que, ao cabo, chegaron as primeiras colaboracións para algún suplemento literario e para algunha revista especializada. E despois, anos despois, foi cando chegou o primeiro libro publicado, a primeira novela, esa primeira obra que sempre sabe doce e amarga a un mesmo tempo.
Xerardo Quintiá / Lugo


Na nosa terra padecemos unha peste de poetas malos e gratuítos. Iso de que a grande achega da literatura galega se encontre na poesía lírica é un tópico sen fundamento. A literatura de Cunqueiro, por exemplo, sen entrar na súa variante estilística e lexicográfica, desde o punto de vista das preocupacións, ideas e sentimentos do home de hoxe, paréceme a carabina de Ambrosio.
Celestino Fernández de la Vega / Lugo


Eu teño o meu propio mundo literario, mais si é certo que nel roldan dúas liñas que me preocupan especialmente. Sempre procuro retratar a realidade dun modo creativo no que a ficción sexa o instrumento narrativo esencial. Para min, é apaixonante conxugar nun libro como é ‘A lei das ánimas’ dous mundos antagónicos: o espazo rural, máxico e supersticioso e o espazo urbano, racional e moderno. Retratar os dous mundos, o máxico e o racional, é esencial se un se considera un escritor galego.
Carlos González Reigosa / A Pastoriza

Comentarios