lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

O Museo de Lugo 'presume' da súa renovada vidrieira

Vidriera restaurada en el Museo de Lugo. DIPUTACIÓN
Imaxe da vidrieira restaurada. DIPUTACIÓN
Durante os traballos de restauración, desveláronse intervencíon de mantemento anteriores e detalles de como foi construída e montada, en 1954

A vidrieira que ilumina a escaleira principal do Museo de Lugo loce renovada tras os traballos de restauración que se levaron a cabo para resolver os problemas de conservación que presentaba, especialmente nos materiais e na estrutura de montaxe dos paneis.

Vidriera restaurada en el Museo de Lugo. DIPUTACIÓNO resultado da intervención, realizada pola empresa especializada Granda&Mena e supervisada polo departamento de Restauración do Museo de Lugo, presentouse nun acto no que estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, e xerente da Rede Museística, Encarna Lago, e máis as dúas restauradoras que executaron os traballos, Isabel Mena e Alba Labrador.

Os traballos centráronse na limpeza dos paneis policromados e na consolidación da montaxe, que presentaba os maiores danos na parte inferior. Durante a actuación, desveláronse intervencíon de mantemento anteriores e detalles de como foi construída e montada, en 1954, tres anos antes de que o edificio do antigo convento de San Francisco se inaugurase como Museo de Lugo (ata daquela, o Museo estaba no Pazo de San Marcos).

A vicepresidenta Maite Ferreiro saudou "a culminación duns traballos cos que se recupera e pon en valor a vidreira e con ela o conxunto do edificio" que, lembrou, ten a consideración de Ben de Interese Cultural desde 1962". Nese punto, sinalou a "importancia dos traballos de conservación preventiva", así como outras actuacións que se teñen realizado neste ámbito nos últimos meses, entre eles, a remodelación da sala monográfica dedicada a Julio Prieto Nespereira que supuxo a substitución do enmarcado e a revisión do estado de conservació nda obra exposta do artista no Museo de Lugo.

Maite Ferreiro xunto as restauradoras, a directora do Museo de Lugo e a xerente da Rede Museística. DEPUTACIÓN
[Maite Ferreiro xunto as restauradoras, a directora do Museo de Lugo e a xerente da Rede Museística. DEPUTACIÓN]

A directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, incidiu nese mesmo aspecto e valorou "a oportunidade de contar no acto coas restauradoras e divulgar o traballo técnico que requiren este tipo de actuacións".

Os traballos de restauración desenvolverónse durante un mes, requerindo unha andamiaxe que se retirou a pasada semana.

DESCRICIÓN ARTÍSTICA. Instalada no oco rectangular rematado en arco de medio punto que ilumina a escaleira principal de acceso á primeira planta do Museo de Lugo, orientado ao xardín da rúa Nova, a vidreira, datada no 1954, está composta por unha parte central de paneis de vidro incoloro texturado e unha faixa perimétrica con decoración mixta de vidro pintado á grisalla e perfís de chumbo.

No plafón correspondente co arco de medio punto, represéntase o escudo da cidade de Lugo e na zona do banco inferior, un tondo con profusa decoración de volutas e motivos florais identifica o edificio e a data: MUSEO PROVINCIAL / AÑO 1954. As súas dimensións son 1'8 m. de ancho por aproximadamente 4'75 m. de alto.

O Museo de Lugo 'presume' da súa renovada vidrieira
Comentarios