O MIHL alberga a exposición 'Cartela B', feita con murais do Culturban

A mostra estará exposta ata mediados de xaneiro, e contará con obradoiros e actividades paralelas
Presentación da exposición. EP
photo_camera Presentación da exposición. EP

Maite Ferreiro inaugurou este venres a exposición Cartela B, unha recompilación de murais realizados durante o Combate Mural que serviu como pistoletazo de saída do festival Culturban. A escolma está exposta no MIHL, e estará aberta ao público ata mediados de xaneiro.

"Co Culturban damos desde a área de Cultura un novo espazo ás propostas de arte emerxentes, achegando unha canle de difusión ás novas propostas artísticas e achegando novas ofertas de lecer á veciñanza", explicou a concelleira. 

Ademais da exposición, haberá actividades e obradoiros arredor da mesma, organizados dentro da programación habitual do MIHL. 

COMBATE MURAL. Os tres premios deste combate mural foron para Eduardo Baamonde, Juan José López (Lomarti) e Isabel Seidell, que competiron no Combate Mural xunto con Miguel Ángel Macía, Manuel Cajaraville, Edu Fernández García-Gesto, León Comesaña, Gema López, Iván Mouronte e Dani Vera.

Comentarios