sábado. 22.02.2020 |
El tiempo
sábado. 22.02.2020
El tiempo

Méndez e Tomé ocupan postos na Femp e reivindican máis autonomía local

Lara Méndez, terceira pola esquerda, e Tomé, quinto, na reunión da Femp. EP
Lara Méndez, terceira pola esquerda, e Tomé, quinto, na reunión da Femp. EP
Na reunión da Federación Española de Municipios e Provincias renováronse os órganos de goberno

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación, José Tomé, asistiron este sábado en Madrid ao pleno da Federación Española de Municipios e Provincias, no que se renovaron os órganos de goberno.

A Femp volve estar presidida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero; Méndez forma parte do Consello Territorial e Tomé, da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares. Un dos obxectivos desta é articular a participación das entidades locais na elaboración por parte do Goberno dunha estratexia nacional fronte ao reto demográfico, explicou Tomé.

Na xornada aprobáronse reivindicacións que os lucenses levan tempo facendo, como máis autonomía local e que a transferencia de competencias aos concellos por parte das comunidades autónomas vaian sempre acompañadas de financiamento. "Debemos esixir unha maior autonomía de actuacións das administracións locais", afirmou Méndez, despois de que Caballero lembrara que o 63% dos recursos dos concellos proceden de ingresos municipais.

Méndez e Tomé ocupan postos na Femp e reivindican máis autonomía local
Comentarios