Medio cento de persoas apoian ante os xulgados aos activistas do Miño denunciados por Inca

A adxudicataria das obras no dique do Miño acusa a tres persoas dun delito leve de coacción
Manifestación ante los juzgados en apoyo de los activistas de la Plataforma Lugo de cara ao Miño
photo_camera Manifestación ante los juzgados en apoyo de los activistas de la Plataforma Lugo de cara ao Miño

Medio cento de persoas concentraronse á 9.30  diante dos xulgados de Lugo para amosar o seu apoio ás tres persoas que forman parte da Plataforma Lugo de Cara ao Minho e que este venres son xulgadas tras unha denuncia de Inca. Esta empresa, segundo explica a plataforma nun comunicado, é a "responsable das obras ilegais da fábrica da luz".

As tres persoas denunciadas agradeceron a todas as persoas e organizacións sociais e políticas o seu apoio e manifestaron a súa "incromprensión" por esta denuncia.

A vista celebrada este venres estaba prevista para o pasado día 20 de xaneiro pero naquel momento foi aprazada para hoxe, pola ausencia dunha testemuña.

Inca acúsaos dun delito leve de coacción, que supostamente se produciu o 15 de decembro de 2015. Ese día, integrantes da plataforma concentráronse no río con motivo do reinicio das obras no dique que a empresa fixo no Miño e que este ano tivo que retirar despois de que a Confederación Hidrográfica e o Ministerio de Medio Ambiente o declarase ilegal. 

Comentarios