Maximus será o encargado de acender o alumeado de Nadal de Lugo

Permanecerá en funcionamento desde o vindeiro venres ata o 8 de xaneiro
Máximus con los ediles nacionalistas. EP
photo_camera Máximus, con edís do BNG o pasado Nadal. EP

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou este sábado que Maximus, a mascota do Breogán, será a encargada de acender as luces de Nadal do Concello de Lugo o vindeiro venres.

O alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 8 de xaneiro de 2022, en horario de 18.00 a 00.30 horas durante a semana, e de 18.00 a 03.00 as fins de semana e vésperas de festivos. 

Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo  de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8x8 metros, contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.