Marisol Bravos será a pregoeira do San Froilán 2021

Ferreiro confirma dous concertos: Guadi Galego e Sidecars
Marisol Bravos. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)
photo_camera Marisol Bravos. SEBAS SENANDE (ARCHIVO)

A profesora e escritora Marisol Bravos (Vilachá de Mera, 1955) será a pregoeira do San Froilán 2021, segundo anunciou este luns a edil de Cultura, Maite Ferreiro. 

"Bravos combina o seu traballo como mestra nun colexio público co de escritora. O seu traballo a prol das persoas con discapacidade, colectivo do que ela mesma forma parte, reportoulle numerosos premios, entre eles Mulleres destacadas (1993) e Lucense do ano (1997)", explica o Concello nun comunicado. 

Por outra parte, a concelleira de cultura anunciou que o 10 de outubro actuará Guadi Galego na Praza de Santa María. Tamén confirmou  ao grupo Sidecars para o día de apertura do San Froilán, o 4 de outubro, na praza Horta do Seminario.

Ademais, Ferreiro afirmou que "este ano contaremos novamente con medio cento de grupos de Lugo de diversos estilos, continuando na aposta polo tecido cultural local que xa é un dos piares de traballo da área de Cultura".

Comentarios