María José Gómez, nova xefa de Cultura e Turismo en Lugo

María José Gómez y Balseiro. EP
photo_camera María José Gómez y Balseiro. EP

María José Gomez Rodríguez foi presentada este sábado por José Manuel Balseiro como nova xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Lugo, unha responsabilidade de nova creación logo da modificación da estrutura orgánica da Xunta pola que se fusionan nunha soa consellería a xestión dos asuntos relacionados coa cultura e o turismo.

Doutorada en Humanidades e licenciada en Filoloxía Inglesa, María José Gómez é actualmente profesora de secundaria. Esta veciña do municipio lucense de Guntín exerce tamén como tenente de alcalde en dito concello, un posto que ocupa desde o ano 2015, tras a constitución da corporación actual.