O Maratón Fotográfico do Campus de Lugo rende a súa particular homenaxe póstuma a Carlos Valcárcel, un dos grandes valedores deste certame artístico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, cuxos organizadores aproveitaron o acto de entrega de premios e a apertura da mostra dunha escolma das imaxes presentadas a concurso na Biblioteca Provincial de Lugo para facer unha emotiva semblanza do fotógrafo lugués recentemente finado.
Jamil Kaouaji, Ariadna López e Ángela Mon recibiron este mércores os premios do certame artístico promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural na Biblioteca Provincial, que amosará ata finais de xaneiro unha escolma das fotografías presentadas a concurso.