O XVI concurso de tapas de Lugo terá lugar entre o 5 e o 21 de novembro

Haberá un xurado popular que elixa a tapa gañadora e a 12 finalistas que terán premios todos eles
 

Maite Ferreiro e Cheché Real na presentación do concurso. CEDIDA
photo_camera Maite Ferreiro e Cheché Real na presentación do concurso. CEDIDA

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, a XVI edición do Concurso de Tapas de Lugo, que terá lugar entre o 5 e o 21 de novembro.

Maite Ferreiro destacou “a importancia deste concurso para a cidade e para o turismo, así como para a hostalería local especialmente neste momento de recuperación para o sector”. Pola súa banda, Cheché Real destacou “o compromiso da área de Turismo co sector da hostalería na realización deste concurso“

As inscricións ao XVI concurso de tapas de Lugo estarán abertas entre o 1 e o 15 de setembro. Entre o 5 e o 21 de novembro os locais participantes ofertarán as súas tapas a todas as persoas que o desexen, que exercerán de xurado popular para escoller a tapa gañadora do concurso e as 12 finalistas. Un xurado profesional outorgará premios entre os 12 finalistas.

Debido á situación epidemiolóxica, o concurso poderá modificarse para cumprir coas restriccións sanitarias vixentes en cada momento.

CASETAS DO POLBO. Maite Ferreiro afirmou que “desde a área de Cultura entendemos que as incertidume creada polos constantes cambios marcados pola Xunta nas medidas sanitarias non incentivaron a participación no concurso das casetas”. A edil de Cultura explicou que “por segundo ano permitiremos que os distintos locais de hostalería coloquen caldeiros na rúa para vender polbo durante o San Froilán”. Segundo a edil de Cultura, “este ano a seguridade das asistentes volverá ser o eixo do San Froilán, que se realizará seguindo a normativa sanitaria vixente no momento”.

Comentarios