Maite Ferreiro anuncia que o acendido das luces de Nadal será "sorpresa"

A edil de Cultura explicou que se trata dunha medida para "evitar as masificacións"
Luces de Navidad en la Praza Maior de Lugo. EP
photo_camera Luces de Navidad na Praza Maior de Lugo. EP

Maite Ferreiro, edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, informou de que o acendido das luces de Nadal será "sorpresa" para cumprir cos protocolos sanitarios. 

"Desta maneira queremos evitar as masificacións que habitualmente acontecen no acto de inicio das actividades de Nadal", indicou a concelleira nacionalista. 

Ferreiro explicou que este ano haberá máis rúas iluminadas. "Dado que non colocamos alumeado festivo durante o San Froilán, puidemos aumentar o investimento na decoración ornamental do Nadal", comentou. 

ACTIVIDADES SEGURAS. Maite Ferreiro explicou que, desde o concello, están a traballar para organizar actividades "seguras" para o Nadal, "seguindo co camiño que fixo posíbel a actividade cultural nos últimos meses".

Comentarios