Lugonovo celebra unha xornada contra os mitos sobre a prostitución

Sobre a mesa puxéronse as consecuencias desta práctica para a saúde física, sexual e emocional das mulleres
Asistentes á xornada sobre prostitución
photo_camera Asistentes á xornada sobre prostitución

Lugonovo celebrou este sábado unha xornada de traballo sobre a desmitificación da prostitución. Para iso contou con membros da asociación viguesa Faraxa, que traballa pola abolición desta actividade e contra a trata de persoas. Participaron a presidenta do colectivo, Carmen Lago; a socióloga Silvia P. Freire e a técnica social Daniela Marincovici.

No encontro falouse dos estereotipos e dos mitos que se manexan á hora de xustificar o consumo de prostitución e intentouse desmitificar ideas que ás veces hai sobre as mulleres que exercen esta actividade, como que é voluntaria, rendible e fácil.

Tamén se puxeron sobre a mesa as consecuencias da prostitución para a saúde física, sexual e emocional das mulleres que a exercen e constatouse a importancia da educación afectivo-sexual.

Así mesmo, os asistentes falaron das distintas formas de abranguer a prostitución, como a regulación, a prohibición e a abolición. Na xornada participaron membros de Lugonovo e traballadores do ámbito social.

Comentarios