jueves. 28.05.2020 |
El tiempo
jueves. 28.05.2020
El tiempo

Lugo terá auto-cine en verán

Infografía del auto cine de Lugo DEPUTACIÓN DE LUGO
Infografía del auto cine de Lugo DEPUTACIÓN DE LUGO

As proxeccións percorrerán varias localidades, pero as primeiras levaranse ao cabo na cidade, no aparcadoiro do Pazo Universitario dos Deportes. Ademais e durante varias fins de semana, a ronda da muralla será escenario de varios concertos simultáneos de grupos e artistas locais

A edil de cultura do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, avanzou este sábado o que será a programación cultural prevista para o comezo do verán na cidade. Ferreiro sinalou que se adaptaron "as propostas a realidade que estamos a vivir, pensando sobre todo nas medidas de prevención que se deben manter xa que a saúde ten que ser o primeiro" e, engadiu: "Queremos que a cultura volva a rúa e pensamos sobre todo en dúas cuestións: ter animación na cidade e manter a actividade dos grupos e artistas locais. Coas limitacións e protocolos que hai que cumprir na programación de espectáculos públicos tivemos que facer un esforzo imaxinativo para facer algo acaído a esta circunstancia".

Unha das propostas máis novidosas será a programación dunha serie de proxeccións nun auto-cine. Esta iniciativa levarase ao cabo en colaboración coa Área de Cultura da Deputación xa que "as proxeccións do auto-cine percorrerán varias localidades da provincia pero as primeiras proxección faranse en Lugo, concretamente no aparcadoiro do Pazo Universitario de Deportes", segundo indica a cocellaría en nota de prensa.

As proxeccións faranse nunha pantalla led de grandes dimensións e o sonido chegará ao interior dos vehículos pola radio do propio coche a través dunha frecuencia de FM que se activa a tal efecto. Para poder acceder haberá que solicitar a correspondente invitación "para evitar atascos e que acuda un número de vehículos superior á capacidade do auto-cine" explicou a concelleira.

Outra das propostas novidosas será o programa Muralleando Sen Parar. Durante varias fins de semana a ronda da muralla será escenario de varios concertos simultáneos de grupos e artistas locais. "Instalaremos pequenos escenarios en varios puntos arredor da muralla para animar o paseo das moitas persoas que se animan a camiñar pola ronda, a xente non deberá pararse a ver os concertos, a idea é disfrutar da música mentres camiñamos", indicou Maite Ferreiro, que avanzou que "contaremos cos artistas e empresas de Lugo porque sabemos que van ter un verán difícil en canto ao número de actuacións e a obriga das administración é apoiar á industria cultural".

A Área de Cultura tamén programará artes escénicas en espazos abertos. "Imos aproveita as prazas da cidade que nos permitan controlar o aforo de asistencia e cumprir coa normativa", dixo Ferreiro."Hai espazos moi pouco utilizados que son idóneos para, neste momento, facer programación de calidade e con garantías para o público asistente, tamén para artistas e persoal técnico", engadiu.

Lugo terá auto-cine en verán
Comentarios