martes. 27.10.2020 |
El tiempo
martes. 27.10.2020
El tiempo

Lugo reforza a desinfección no barrio da Milagrosa 

Una operaria ejerce labores de limpieza en Lugo. XESÚS PONTE
Una operaria ejerce labores de limpieza en Lugo. XESÚS PONTE
O Concello quere atallar canto antes a expansión do Covid-19 en Lugo

O Concello de Lugo reforzou este sábado a desinfección e limpeza no barrio da Milagrosa, despois da entrada en vigor da orde da Xunta con novas restricións para a cidade en xeral e para esta zona en particular, na que as reunións se limitan a cinco persoas e os bares poden servir só en terrazas.

Nun comunicado, o concelleiro Álvaro Santos explicou que ao operativo habitual sumáronselle medios técnicos e humanos para intensificar os labores de limpeza desde primeira hora da xornada, co fin de "colaborar no control do foco" detectado nos últimos días.

Á brigada sumáronse dous peóns máis, con equipos de desinfección, que traballaron cunha varredora, unha baldeadora e unha hidrolimpadora de beirarrúas.

Así, esterilizáronse o firme, fachadas, paradas e marquesiñas de bus, ademais de colectores, papeleiras, varandas e resto de mobiliario urbano. 

Lugo reforza a desinfección no barrio da Milagrosa 
Comentarios